Metodoloxías
Descrición
Recensión bibliográfica: O alumno realizará dúas recensións, nas que deberá realizar unha recensión, un abstract e as palabras clave. O profesor indicará a forma idónea de levar a cabo o anteriormente dito para que o alumno adquira as habilidades necesarias para a realización de dito cometido.

Traballos tutelados: O alumno realizará un traballo sobre algún tema incluido no programa. Realizará tamén traballos nas clases interactivas, utilizando datos de organismos de interese sociolóxico (CIS, INE, IGE...). O profesor atenderalle en tódalas consultas necesarias para a aprendizaxe na utilización de datos e na elaboración de investigacións e estudos.

Atención personalizada: O alumno poderá consultar tódalas dúbidas s e inquietudes científicas que lle plantea o programa. Desta forma, o profesor tratará de incentivar a súa imaxinación sociolóxica.