Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda Código 710G03004
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia presenta unha descrición xeral do funcionamento das empresas e, en particular, das empresas de moda. Para iso, o curso comeza coa presentación dos obxectivos e funcións das empresas e do ámbito empresarial no que as empresas de moda desenvolven a súa actividade. Posteriormente, esta materia céntrase no funcionamento dos diferentes subsistemas (subsistema de administración ou xestión, operacións ou produción, comercial e financeiro) que compoñen as empresas. Esta materia ten un carácter introdutorio e xa que logo, diferentes materias nos cursos sucesivos ampliarán as cuestións relacionadas coa xestión empresarial que se abordarán ao longo deste curso.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Saída de campo (non se realizará e, como estaba previsto inicialmente na guía docente, non computará na avaliación). En calquera caso, aínda non aplicando o plan de continxencia, a realización desta actividade estará condicionada pola evolución das condicións sanitarias. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. O alumnado disporá de dous foros nos que poderá participar: un foro de aprendizaxe, encamiñado a poñer en común dúbidas; e un foro para a proposta e debate de temas de interese sobre a materia. Ademais, disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo a súa necesidade. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. - Microsoft Stream: esta ferramenta porá a disposición do alumnado, na canle da materia, os vídeos das clases expositivas e interactivas, para a súa consulta asíncrona, así como os vídeos do seminario celebrado no marco da materia -se este se realizase-. 4. Modificacións na avaliación - Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía docente (entre elas a proba mixta, que se realizaría de forma non presencial), agás as referencias ao cómputo da asistencia e participación activa nas clases, que só se realizarán respecto das sesións que tiveron lugar de xeito presencial até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. De ser o caso, o peso da participación activa nas clases na nota final (10%) engadiríase ao dos traballos tutelados, cuxo peso na nota final pasaría a ser dun 30%. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materias de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada en Moodle. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías