Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballo en grupo proposto polo profesorado. 20
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C8 C9 Examen parcial (15%) e examen final (15%) dos contidos da materia.

O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 30% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
30
Estudo de casos A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación dos casos propostos polo profesorado para a súa resolución individual ou en grupo. 10
Sesión maxistral A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades e prácticas a través de TICs, resposta a preguntas formuladas...). 10
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 A finais do curso, o alumnado deberá completar unha práctica/exame que cubrirá diferentes aspectos das prácticas a través de TIC realizadas na aula.
30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte de proba mixta, nas prácticas a través de TIC e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade.

Información adicional

O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (30%), prácticas a través de TIC (30%), traballos tutelados (20%) e estudo de casos (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.