Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada mediante titorías individuais e titorías en grupo reducido proporcionarase vía Teams, previa solicitude vía email/Moodle.
Se facilitará atención personalizada para resolver dúbidas específicas sobre os contidos da asignatura, recomendar recursos bibliográficos e documentais adicionais para o estudo de casos, e dar seguemento ó proxecto práctico en equipo. Igualmente nos seminarios se poden atender dúbidas individualmente, ademais de ter lugar unha aprendizaxe colaborativa.
Na plataforma virtual da UDC se depositarán e/ou indicarán os casos e demáis material docente imprescindible para facilitar ó alumnado o seguemento das sesións de docencia teórica ou interactiva, co seu calendario. O material será comentado e ampliado na aula cos alumnos asistentes de xeito interactivo, e os casos e demáis materias prácticos asignados serán, primeiro, presentados polos equipos de alumnos responsables, e despóis, obxeto de discusión dirixida en plenario. Por tanto se recomenda a tódolos alumnos tanto a asistencia como a lectura dos devanditos materiais con antelación á sesión que corresponda. Asimesmo se recomenda ós alumnos a asistencia as tutorías para resolver de modo personalizado cualquera dúbida sobre os casos e demáis traballos susceptibles de avaliación continua.
O obxectivo da atención personalizada consistirá en resolver dúbidas relativas á preparación dos proxectos e casos prácticos, tanto no caso dos alumnos matriculados en réximen de dedicación a tempo completo como no caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica. |
|