Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda | Código | 710G03015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | B2 C2 C5 | Avaliación das probas e/ou informes requiridos para cada seminario e conferencia, seguindo as orientacións do docente. | 10 |
Solución de problemas | A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 | Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, seguindo as orientacións do docente. | 10 |
Traballos tutelados | A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 | Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación realizada e a resposta ás preguntas formuladas polo alumnado e o docente. |
30 |
Prácticas a través de TIC | A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 | Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, facendo uso das TICs e seguindo as orientacións do docente. | 10 |
Proba obxectiva | A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 | As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 nas probas obxectivas. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota do exame que non supera o límite mínimo. AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 20% da cualificación final. Para poder optar ao segundo exame parcial é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase: a) o segundo exame parcial para o alumnado que superou o primeiro parcial. O segundo exame parcial suporá o 20% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. b) o exame final global para o alumnado que non superou o primeiro parcial e o alumnado que, habendo superado o primeiro parcial, renuncie á cualificación previamente obtida e o notifique por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba. |
40 |
Observacións avaliación | |||
A discusión dirixida derivada dos casos e problemas propostos ten por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e das técnicas estudadas. Para un óptimo aproveitamento é recomendable a participación activa nas sesións e nos seminarios (organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao). Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. As probas de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agréganse nunha única proba oral a realizar previamente ao exame do período oficial de avaliación. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación. Cualificación de non presentado. Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que: a) non se presente á proba do período oficial de avaliación. b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. Avaliación da segunda oportunidade Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC). Neste caso: a) É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización. b) A avaliación continua (Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral a realizar previamente a data oficial do exame da segunda oportunidade. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Condicións de realización dos exames Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente. |