Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Representación e Recuperación Dixital da Información I | Código | 710G04007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | -Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos. -Proba práctica que consiste na realización de exercicios de catalogación en ISBD para a avaliación das capacidades e habilidades adquiridas. |
Traballos tutelados | Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión dos docentes. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais. |
Portafolios do alumno | Carpeta de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades expostas. Debido á natureza da materia os alumnos traballan especialmente en exercicios prácticos de catalogación. |
Sesión maxistral | Exposición oral por parte dos profesores, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos alumnos, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte dos profesores. |