O alumno debe coñecer as técnicas de análises de circuítos
eléctricos, tanto de continua como de corrente alterna e sistemas
monofásicos e trifásicos.
Así mesmo, para a
completa comprensión dos principios das máquinas eléctricas, debe estar
familiarizado cos conceptos e as leis que rexen o electromagnetismo e a
inducción magnética
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co
obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol",
a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia
solicitaranse, realizarán e entregarán por vía telemática ou por medio
dalgún soporte informático. En caso de ser necesario o realizalos en
papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores |