Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Instalacións Eléctricas | Código | 730497218 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Correspóndese coa clase de teoría, en grupo grande (GG). |
Solución de problemas | Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos e procedementos que se estudaron e traballaron. Correspóndese coa clase de problemas, en grupo mediano (GM). |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico. Correspóndese coas prácticas de taller, en grupo pequeno (GP). |
Traballos tutelados | Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor. Con esta metodoloxía preténdese que o alumno poida desenvolver un criterio para valorar se un proxecto dunha instalación eléctrica en BT está realizado de acordo ao REBT, así como aplicar os coñecementos adquiridos para realizar o proxecto dunha infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos (IRVE). |
Proba obxectiva | Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Co fin de valorar con maior rigor a consecución dos obxectivos, a proba consta de dúas partes diferenciadas: preguntas de resposta múltiple (ítems) e resolución de problemas. Preguntas de resposta múltiple (ítems): constitúe un instrumento de medida, cuxo trazo distintivo é que permite cualificar a resposta dadas como correctas ou non; ademais de valorar os coñecementos adquiridos. Resolución de problemas: parte na que se pretende avaliar contidos conceptuais, procedimentales e actitudinais. Correspóndese co exame de teoría e problemas. |