Traballos tutelados |
Os alumnos/as, agrupados en parellas, elaborarán un traballo final consistente na análise e reformulación, segundo os coñecementos adquiridos, das interfaces e pantallas dun videoxogo existente no mercado.
Para elo, en cada sesión irán avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación; 2. Explicar e ilustrar gráficamente mediante un diagrama de fluxo: a. Progreso do xogo (gameflow), b. Menús / Pantallas, c. Opción., detectando desde o punto de vista da experiencia de usuario, eivas ou posibles melloras da súa interfaz; 3. Explicar e ilustrar gráficamente mediante un diagrama de fluxo os novos menús / pantallas e opcións propostas para o xogo; 4. Facer un boceto gráfico de cada unha desas pantallas, cunha breve explicación da información e elementos que contén.
Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Unha das sesións, preferentemente a cuarta, estará destinada a unha conferencia, con formato de masterclass, a cargo dun/ha profesional do sector, que exporá de xeito eminentemente práctico a realidade da profesión: técnicas de traballo, oportunidades e situación do mercado, claves creativas e profesionais, etc. Trátase dunha actividade fundamentalmente participativa co obxectivo de achegar ao alumnado ao mundo profesional. |
Presentación oral |
Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nas interfaces do seu videoxogo ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado. |