Para contribuír a acadar unha veciñanza saudábel e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e
investigación saudábel e sustentábel ambiental e social” do "Plan de
Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos. • En caso de ser necesario realizalos en papel, dentro do posible: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Utilizarase papel reciclado.
En xeral, farase un uso sostible dos recursos e evitaranse na
medida do posible impactos negativos sobre o medio natural. Ademais,
terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |