1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral (utilizaranse as plataformas virtuais da UDC)
-Solución de problemas (utilizaranse as plataformas virtuais da UDC)
-Proba mixta (utilizaranse as plataformas virtuais da UDC)
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio: Non se realizan en caso de confinamento ou de non poder realizarse nas adecuadas condicións de seguridade sanitaria.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Moodle, Teams e correo electrónico de acordo co horario de Titorías publicado ou fóra deste horario previa comprobación de compatibilidade por parte do alumno e do profesor.
4. Modificacións na avaliación
-Elimínanse as prácticas de laboratorio da avaliación no caso de que non sexa posible a súa realización polas circunstancias anteriormente descritas nas Metodoloxías docentes que se modifican.
-Proba mixta 100% da cualificación
*Observacións de avaliación:
Realizarase unha proba obxectiva parcial non eliminatorio ao longo do cuadrimestre para a avaliación continua e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro. A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas da totalidade do temario. A nota final calcularase de acordo á seguinte fórmula: (0.4*T+0.6*PB)+0.1*PA. Sendo T: Nota de teoría do exame final; PB: Nota de problemas do exame final; PA: Nota do parcial en caso de ser maior ou igual a 5. No caso de que a nota do parcial sexa inferior a 5 non se terá en conta na avaliación. Todas as notas calculadas sobre 10. Os criterios de avaliación na 2ª oportunidade son os mesmos que os da 1ª oportunidade. Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán os mesmos que para o resto de alumnos e indícanse na táboa.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías