Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | FÍSICA II | Código | 730G04009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 | Proba de Evaluación continua o longo do cuatrimestre (30% da cualificación) Proba final (60% en evaluación continua, 90% noutro caso ) En todas as probas a teoría contribúe o 40% á nota e os problemas un 60%. |
90 |
Prácticas de laboratorio | B6 B8 B9 C1 | Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas | 10 |
Observacións avaliación | |||
Realizarase dúas probas obxectivas, unha parcial ao longo do cuadrimestre e outra final. A proba final coincidirá coas datas de exame aprobadas en Xunta de Escola. As probas constarán dunha parte de teoría e outra de problemas, cunha duración máxima de 4 horas. A proba parcial abranguerá os contidos impartidos antes da data da proba parcial e correspondentes a un tercio da materia. A nota acadada suporá o 30% da nota global. A proba final abranguerá todos os contidos da materia. Supoñerá o 90% da nota global para aqueles alumnos que non se presentasen á proba parcial. Os alumnos que se presentasen a proba parcial poderán examinarse únicamente da parte da materia restante, cuxo resultado representará o 60% da nota global. Alternativamente poderán optar por examinarse das dúas partes se desexasen subir a nota do exame parcial. En segunda oportunidade avaliaranse as partes pendentes tendo os resultados parciais e as prácticas a mesma validez que na primeira oportunidade. A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e a realizar normalmente no primeiro ano de matrícula. A nota de prácticas manterase perante 3 cursos consecutivos. Non se admiten faltas non xustificadas. O alumno deberá realizar 3 prácticas de laboratorio, entregar os informes solicitados e facer un exame final individual. A falta de asistencia as prácticas e entrega do informe correspondente suporá a non superación da asignatura. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” deberá poñelo en coñecemento do coordinador da asignatura. A avaliación realizarase nos mesmos termos que a do alumnado a tempo completo. A posible dispensa académica de exención de asistencia a clase non será de aplicación nas prácticas de laboratorio, ás que deberán asistir obrigatoriamente e no horario establecido, así como ao exame final correspondente. |