A mecánica de fluídos debe ser considerada como unha asignatura básica na formación dun enxeñeiro industrial. Neste curso o alumno estudará os conceptos fundamentais de cinemática e estática de fluídos, chegará a entender o significado das ecuaciones de Navier-Stokes tanto en forma integral como diferencial, comprenderá a necesidade e aprenderá a simplificar estas ecuaciones e estudará o movemento de fluídos, a teoría da capa límite e a turbulencia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, solución de problemas, proba mixta e traballos tutelados manteranse de maneira telemática.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: no caso de que os alumnos non poidan asistir ao laboratorio, farase un vídeo demostrativo do funcionamento e da obtención de datos das prácticas, proporcionaránse os datos para cada grupo de alumnos a partir de datos de anos anteriores, e con estos deberá elaborarse a memoria de prácticas do mesmo xeito no que se realiza no caso de docencia presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams. As clases e tutorías impartiranse a través de Teams nos horarios que se acorden cos alumnos e co resto de materias do curso. O resto de ferramentas manteñen o seu uso (Moodle e correo electrónico).
4. Modificacines na avaliación
Esta realizarase remotamente. Non hai modificacións aos criterios de avaliación.
*Observacións de avaliación: Non hai observacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías