A Electrónica de Potencia pode ser definida como a aplicación da electrónica á conversión da enerxía eléctrica, utilizando para iso dispositivos electrónicos de potencia. O obxectivo desta materia é a de proporcionar ao alumno as competencias que lle permitan analizar e deseñar os circuítos básicos de electrónica de potencia (Convertedores AC-DC, AC-AC, DC-DC e DC-AC), así como identificar as súas aplicacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes exceptuando a de Prácticas de Laboratorio que se elimina no caso de que non se puido realizar ningunha das prácticas de laboratorio programadas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías que se manteñen e que requiren presencialidad, pasan a impartirse de forma non presencial mediante Teams e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Moodle, Teams e Correo Electrónico de acordo co horario de Titorías publicado.
4. Modificacións na avaliación
Se durante o segundo cuadrimestre pódese impartir a materia normalmente de forma presencial, incluíndo os exames, se mantendán os criterios de avaliación da guía docente para a 2ª Oportunidade e posteriores. En caso contrario os criterios de avaliación serán os seguintes para a 1ª Oportunidade, 2ª Oportunidade e posteriores:
•Proba mixta. 40%. Esta proba estará formada por unha proba de resposta múltiple (20 Puntos) e outra de resolución de problemas (20 Puntos).
•Traballos tutelados. 60%. Consisten en:
-a resolución de forma teórica e práctica, mediante simulación, de problemas propostos durante o curso. No caso de que se puido realizar algunha práctica de laboratorio, a súa puntuación incluiríase neste apartado. (40 Puntos).
-o desenvolvemento dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC e que terá que ser defendido/exposto oralmente na aula, utilizando medios audiovisuais. (20 Puntos)
*Observacións de avaliación:
No caso de terse que modificar os criterios de avaliación, salvo o referente ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, anúlanse todas as observacións contidas na guía docente e substitúense polas seguintes:
Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100, sumando os resultados de todas as metodoloxías de avaliación. As notas de cada un das metodoloxías de avaliación só serán válidas durante o curso académico 2020/21.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifican as fontes de información.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías