Estudo das técnicas de resolución de problemas mediante procedementos numéricos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial de ser o caso.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
De acordo co horario de Titorías publicado, previo contacto co profesor para concertar a entrevista de ser o caso. Empregaranse as ferramentas Moodle, TEAMS ou correo electrónico sempre que non poida realizarse de maneira presencial.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, exceptuando o seu carácter presencial de ser o caso.
No caso de que, segundo as disposicións xerais da Universidade ou os acordos da Xunta de Escola, o alumnado poda optar por realizar as probas de xeito presencial ou non presencial, a parte de teoría da proba mixta terá carácter oral para os alumnos que escollan a modalidade non presencial.
No caso de que todos os alumnos estean obligados a realizar as probas en modalidade non presencial, a proba mixta de teoría transformarase nunha proba de respostas múltiples.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica a bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías