Prácticas de laboratorio |
B5 B7 B9 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio ten un peso concreto na nota final da asignatura, con obxectivo de que os alumnos participen de forma activa nesta actividade eminentemente práctica |
20 |
A avaliación desta asignatura está baseada na superación das dúas metodoloxías
principais, Traballos Tutelados acumulado con prácticas e Sesión Maxistral, de forma independente. A
primeira está centrada na demostración práctica dos coñecementos e habilidades
adquiridos para resolver problemas en robótica, e a segunda na
realización dun examen o a exposición dun traballo sobre un tema concreto dentro de temario
teórico según decida o profesor en función do número e capacidade dos alumnos. Así, en caso de que o alumno non supere a asignatura na convocatoria
ordinaria, deberá repetir todas as actividades da/das metodoxía/s que non foron
superadas na convocatoria extraordinaria. Por exemplo, se un alumno aprobou a
parte da Clase Maxistral pero suspendeu nos Traballos tutelados mais prácticas, deberá
repetir estes. No caso de dispensa académica, o alumno habrá de realizar os traballos a entregar nas prácticas e traballos tutelados e habrá de superar a proba ou traballo da parte de clase maxistral.
|