Prácticas de laboratorio |
Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación de sistemas de IoT. |
Solución de problemas |
Como continuación das prácticas de laboratorio, solicitaranse tamén implementacións de determinados elementos de sistemas IoT pero, neste caso, a diferenza das prácticas, os enunciados estarán máis abertos e os alumnos terán que escoller entre varias alternativas. Ao finalizar, deberán presentar de forma breve (<=5') aos profesores e aos seus compañeiros as conclusións obtidas no proceso, os aspectos positivos e negativos das decisións de implementación tomadas. |
Traballos tutelados |
Realización dun único traballo ao longo do cuadrimestre, exposto de forma incremental, realizado de forma autónoma e titorizado polos profesores, que implicará levar á práctica gran parte dos conceptos vistos nas sesións maxistrais. O traballo será realizado en grupo e os alumnos entregarán, en soporte informático, unha memoria e terán que realizar tamén unha presentación #ante o profesor e os seus compañeiros de clase. |