Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Prácticas de laboratorio: a atención personalizada nas prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización.
Solución de problemas: de forma similar ao caso das prácticas, resolveranse dúbidas, pero aquí as respostas serán en ocasións menos directas, buscando a reflexión por parte do alumnado e fomentando a toma de decisións fundadas que ponderen convenientemente os pros e os contras.
Traballos tutelados: será necesario mostrar os avances que se vaian realizando para ofrecer a orientación adecuada, resolver dúbidas e asegurar a calidade do traballo. Estas titorías realizaranse en grupo e de forma presencial no despacho do profesor. |
|