Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol"
A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase
papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese
facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais
e profesionais Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso
á vida universitaria Traballaráse para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de
detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse
medidas para corrixilas.Na realización dos traballos da
materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído
aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado
con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento. |