Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión dos servizos da Enfermaría | Código | 750G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A55 A54 B11 B21 C1 C11 C12 | Elaboración de un traballo colaborativo e posterior defensa teórica e metodolóxica. Na avaliación deste traballo terase en conta a asistencia e participación activa nas titorías de seguimento e a exposición e defensa do mesmo. |
20 |
Análise de fontes documentais | A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 | A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo na utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Suporá o 15% da cualificación final. | 10 |
Simulación | A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 | A asistencia e participación activa na aula na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Suporá o 15% da cualificación final. | 20 |
Proba obxectiva | A53 A54 A55 B8 C10 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3. Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias. |
50 |
Observacións avaliación | |||
MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación. OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación. MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH á nota máis alta por encima de 9. NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva. |