Realización de técnicas e procedementos de enfermaría en entornos de simulación;
comunicación efectiva coas persoas atendidas; realización dos cuidados de
enfermaría, mediante simulacións, baseados nos principios dunha práctica
reflexiva; identificación dos sistemas de rexistros e comunicación da unidade
asistencial.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se fará ningunha modificación.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías docentes desta materia conducen a un resultado de "saber facer" polo que non é posible a substitución por outras metodoloxías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais:
- Moodle: Plataforma fundamental para a comunicación co alumnado e para a entrega dos traballos colaborativos.
- Teams: Plataforma de uso para as titorías e as exposicións de traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación:
Non hai cambios nas porcentaxes da metodoloxía de avaliación. Os estudantes que teñan realizadas o 100% das horas de simulación poderán ser avaliados según os criterios establecidos na presente guía. Os estudantes que non acaden o 75% das horas de simulación terán que reanudar seu aprendizaxe presencial en canto as condicións o permitan ata acadar o mínimo do 75 % das horas.
A proba teórica será previa a proba práctica. Consistirá nun exame tipo test con 4 opcións de resposta por pregunta. Cada pregunta terá unha única resposta correcta. Responder incorrectamente a unha pregunta non suporá penalización. A proba teórica realizarase a través da plataforma Moodle.
A proba práctica levarase a cabo vía Teams da seguinte maneira: o exame durará un máximo de 20 minutos y consistirá na visualización dun vídeo dalgunha das técnicas impartidas ao longo da docencia presencial. O estudante poderá ver o vídeo dúas veces, a segunda vez terá que comentar a técnica e detectar os erros que se realicen durante a mesma. O profesorado poderá realizar as preguntas que considere oportunas.
Para superar a materia é necesario ter un mínimo de 5 puntos sumando a nota da proba teórico, da proba práctica e do traballo tutelado.
Na segunda oportunidade o estudante deberá repetir a avaliación teórico-práctica (o alumnado que teña aprobada a parte teórica, manterá a nota desa parte) e manterá a nota do traballo tutelado.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non existen modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías