Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estadías Clínicas III | Código | 750G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 18 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. realizarase un seminario obrigatorio antes do inicio da rotación no ámbito sociosanitario. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. No ámbito sociosanitario o alumnado seleccionaran un residente con dependencia moderada para realizar unha planificación de coidados individualizada. Realizarase titoria obrigatoria para realizar a avaliación da planificación de coidados realizada e facilitar a reflexión acerca do xuicio clínico. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado. |
Portafolios do alumno | Para a valoración final das prácticas (Saúde Mental) é obrigatorio a entrega dun portafolio (comentario reflexivo) (non cuantificable) sobre as vosas prácticas nas unidades de saúde mental polas que rotades. O máximo de extensión do comentario é de 350 palabras. O obxectivo dun ensaio reflexivo non só é falar do que aprendiches, senón que tamén é importante transmitir as túas experiencias persoais e as conclusións resultantes. - Realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado. |
Aprendizaxe servizo | Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. |
Prácticas clínicas | O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma |