Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas IV | Código | 750G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro, enfermeira comunitaria que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde. | En este rotatorio de práctica clínica o alumnado traballará: - habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade. - actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica. - habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados. - manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios. - realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar. - implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos. - utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde. - características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente. |
O alumnado deberá reproducir unha situación habitual que se presenta na práctica clínica cotiá, a través dun escenario controlado útil para a aprendizaxe e adestramento. | A través dos escenarios o alumnado traballará: - Na adquisición sistemática de coñecementos. - Intégrase durante a simulación a experiencia educativa realizada no período de práctica clínica dentro do sistema de saúde. - Debriefing, é a discusión facilitada do escenario, inclúe as reflexións sobre a experiencia vivida no escenario e as súas recomendacións posteriores por parte dos participantes, observadores do escenario e o propio instrutor (mediador). É un tempo para comentar aquilo que saíu ben e non tamén, guiado polo mediador. - A simulación é gravada en audio e vídeo, e é proxectado posteriormente ao alumnado que desenvolveron o caso para discutilo e analizalo en profundidade (debreifing). - Paralelamente perfecciónanse as habilidades de comunicación e de traballo en equipo. - Consolídase e avalía o nivel de aprendizaxe alcanzada no período de práctica clínica. |