Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas V | Código | 750G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |||
|
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
Recoméndase ao alumnado desta materia unha lectura profunda da normativa de Estancias Clínicas da Facultade. Esta será colgada no moodle da materia. A asistencia ás prácticas clínicas comprobarase mediante unha folla de firmas que se entregará ao principio das mesmas e que terá que ser asinada polo titor clínico que teña ese día (xunto co seu nome). Non se contemplan faltas non xustificadas. As xustificadas (ausencias) comunicaranse formalmente ao titor clínico e ao docente da materia. Os cambios de quenda han de ser comunicados previamente ao docente e aceptados por este tras a aceptación polo titor clínico. Estes deben deben gardar un equilibrio no número de horas programadas en horario de mañá e tarde. O horario debe cumprirse na súa totalidade. Contémplase un descanso de 30 minutos por quenda. A asistencia a xornadas e congresos durante as prácticas este debe estar relacionado directamente coa materia, ser de carácter oficial, ser aprobado polo titor clínico e polo docente da materia previamente. A recuperación de días en mañás de sábado dependerá da propia unidade de rotación e as súas características e da aprobación do titor clínico.
Non se contemplan recuperacións dobrando quenda.
Non se permite o uso de móbiles salvo en horario de descanso. Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. |