Materia de práctica clínica de intervención integradora e avanzada, supervisada por profesionáis de enfermaría e por profesorado da Universidade situados nos recursos socio-sanitarios seleccionados como ámbitos clínicos de aprendizaxe práctica avanzada. O seu obxectivo fundamental, é permitir a incorporación por parte do alumnado dos valores profesionais, razoamento clínico, xestión clínica e o xuízo crítico. Ademais, o estudantado integrará os coñecementos, habilidades e actitudes da enfermaría como práctica profesional baseada en principios e valores, asociados ás competencias descritas nas materias que conforman o título.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
Non existen modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Portafolios do alumno/a.
Eventos científicos e/ou divulgativos.
Prácticas clínicas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso pra facer consultas e resolver dúbidas.
– Moodle: Nas datas establecidas para as diferentes entregas, utilizaremos esta plataforma para facer o seguemento do portafolio do/a alumno/a.
– Teams: Para as titorías e nas ocasións en que sexa necesario unha reunión diagnóstica do rotatorio de práctica clínica e ao final do rotatorio para a comunicación e/ou revisión da avaliación final e para a organización da Xornada Divulgativa.
4. Modificacións na avaliación
Non existen modificacións no sistema de avaliación da materia.
*Observacións de avaliación:
A avaliación desta materia só será posible se o/a alumno/a completou alo menos o 75% das 470 h de practicas clínicas asignadas nesta materia. Unha porcentaxe inferior suporá un NP na avaliación.
De ser posible, se completarán as prácticas no período establecido polo profesorado, antes da data de peche de actas (tanto xuño como xullo) e no servicio que se considere oportuno en función das necesidades, podendo non coincidir co lugar no que se iniciaron.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non existen modificacións na materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías