Co estudo de Fundamentos de Enfermaría preténdese introducir ao alumno nas ciencias da Enfermaría, coa intención de que sexa capaz de comprender a función principal e diferenciada da profesión enfermeira e, ao continuar os estudos de cursos superiores, integre os conceptos fundamentais e a metodoloxía de traballo das/os enfermeiras/os para o coidado do individuo e dos grupos, e relacione os problemas de saúde coas necesidades básicas do ser humano.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
• Sesión maxistral
• Seminario
• Estudo de casos (computa na avaliación)
• Lecturas (computa na avaliación)
• Proba oral (computa na avaliación)
• Proba mixta (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizan cambios nas metodoloxías da materia.
As metodoloxías programadas previamente de xeito presencial, pasarán a desenvolverse de xeito virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas.
• Videoconferencia sesión maxistral (Teams): 1 sesión semanal en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade.
• Videoconferencia seminarios (Teams): 1 sesión semanal en grupo mediano para o avance dos contidos teóricos e para o seguimento e apoio na realización dos exercicos a realizar na unidade temática, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade.
• Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tareas e actividades para o seguimento da materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan cambios na avaliación da materia
*Observacións de avaliación:
• As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo mediante Teams.
• As probas de avaliación correspondentes ás convocatorias oficiais, realizaranse de xeito presencial e, de non ser posible, faranse na modalidade virtual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
• Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
• Engádense ligazóns web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido de xeito non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías