Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Enfermaría | Código | 750G01107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral realizada por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios. |
Seminario | Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa materia. O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento destes. |
Lecturas | Afondamento na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor. Resolución de exercicios de autoavaliación, baseados nestes contidos. |
Estudo de casos | Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención de enfermaría). Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Presentación oral | Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. |