Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Podoloxía Preventiva | Código | 750G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A17 A18 B3 | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. Ademáis, contará cun examen oral na última práctica de laboratorio, onde o alumnado respostará a catro preguntas relacionadas cos instrumentos de cribado, acompañado ca realización práctica da técnica de cribado e a presentación dun informe razoado vencellado ao cribado correspondente (máximo unha carilla). A puntuación se cuantificará nun rango de entre 0 e 2 puntos. Cada pregunta ten un valor de 0 - 0.25 puntos, a técnica de cribado de 0 - 0.5 puntos e o informe de 0 - 0.5 puntos. Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas. |
20 |
Seminario | A17 A18 C1 C4 C5 C6 C8 | A calificación de cada actividade de seminario se cuantificará nun rango de entre 0 e 1 punto. Cada ítem incorrecto ou que non se inclúa dos que aparecen nos aspectos formais de cada seminario (título da actividade, datos do autor, elaborar tódolos apartados da actividade, evitar faltas de ortografía, texto escrito en letra arial de tamaño 12, ás marxes de 2,5 cm, párrafos xustificados, sen sangría inicial, con espaciado cero, interliñado a dobre espazo, número total de palabras do documento, tempo utilizado para realizar a actividade, texto paxinado e con números centrados no encabezado, o pé de páxina debe incluir o título do traballo centrado, que non ocupará máis dunha liña, as referencias bibliográficas utilizarán a normativa Vancouver, documento presentará un número de entre 1.500 a 2.500 palabras, cada ítem incorrecto da actividade descontará un 0.1 da calificación a obter na actividade. Ademáis, o formato de entrega do documento será en .doc tendo un factor reductor na nota do 50% a presentación en outros formatos (Ex. .pdf, .jpg). |
20 |
Proba obxectiva | A17 A18 B2 | Exame de 50 preguntas test. Cada pregunta test, só contén unha única resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada 2 preguntas non acertadas eliminan 1 resposta acertada. As preguntas en branco non restan. Tódalas respostas deben respostarse na plantilla. Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla. As respuestas deben marcarse na plantilla cun X, abarcando todo o cadro da resposta seleccionada. Eliminaránse tódalas respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incerteza sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0.2 puntos. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte: 1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: 1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. 2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA
3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:
4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO
|