Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se mudan os contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Eventos, Traballo tutelado, Seminario, Estudo de Casos, Proba de resposta múltiple.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A proba de resposta múltiple no caso de non poder facerse de forma presencial, farase de forma telematica pero elimínase o factor de corrección do exame de resposta múltiple. Por estimar que ao respostar telemáticamente pregunta por pregunta, e difícil facer una valorización global por parte do alumno, de se unha pregunta da que non está seguro da resposta, vaga a pena o risco do desconto.
O exame (proba de resposta múltiple) farase a través do propio Moodle da materia, na que cada alumno estará conectado simultaneamente a través de TEAMS mediante a pantalla e a cámara do seu propio teléfono móvil, que deberá de estar activa durante todo proceso e mostrando todo o espazo de traballo. A través do TEAMS, comunicarase a clave de inicio do test e cada alumno poderá plantexar as dúbidas que teña (previa chamada de atención) de forma xenérica (que non identifique a resposta correcta), xa que será escoitada polo resto de estudantes. O test desenvolverase en dous grupos un a primeira hora (Grupos C e D) e outro a segunda (Grupos A e B). No caso de que un alumno de primeira hora tivera problema coa conexión unirase a segunda. Se o problema de conexión prodúcese nun alumno da segunda hora, habilitarase un terceiro grupo de exame.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Non mudan, faranse vía TEAMs.
4. Modificacións na avaliación
- No caso de que a realización do exame (proba de resposta múltiple) non sexa posible vía telemática, a súa porcentaxe levarase o traballo tutelado (25%), seminario (15%), estudos de casos (20%), sesión maxistral (10%) e a elaboración dun esquema-resumo de cada unha das sesións maxistrais (20%).
*Observacións de avaliación: o cambios produciranse se as condicions sanitarias así o obrigan.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non mudaría ningunha referencia pois todas ou xa estan accesibles telemáticamante ou a información precisa suministrase coas presentacións das clases. |