Resumo |
Ao finalizar as prácticas na correspondente empresa / institución, cada alumno, de forma individual, elaborará e entregará ao titor académico unha Memoria Final descritiva e explicativa do seu desenvolvemento. Para iso utilizarase o modelo establecido pola Universidade.
Para a elaboración desta Memoria Final o alumno poderá acudir, no horario prefijado, á tutoría personalizada co seu titor académico.
Só poderán presentar a Memoria Final os alumnos que realizasen a porcentaxe mínima obrigatorio das prácticas (80 por 100 do tempo total asignado). |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas nas empresas ou institucións efectuaranse no horario prefixado e consistirán na realización das tarefas asignadas a cada alumno e que estarán relacionadas cos coñecementos teóricos adquiridos no Mestrado. Será obrigatorio asistir ao 80 por 100 das horas presenciais.
A Universidade e a empresa ou institución receptora nomearán senllos titores de prácticas para o seguimento da aprendizaxe do alumno. O titor na empresa ou institución, que deberá posuír a cualificación ou experiencia profesional adecuada, encargarase do seguimento do proceso formativo na mesma, propulsará a realización das prácticas e emitirá informe sobre o seu contido e avaliación, segundo o modelo establecido pola Universidade. O titor académico terá a misión de garantir o correcto desenvolvemento das prácticas, dar resposta ás expectativas formativas establecidas e informar en primeira instancia sobre a Memoria Final de prácticas. |