Metodoloxías
Presentación oral
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
1. O TFM será dirixido por un membro do profesorado con docencia no plan de estudos do título de Máster. Tal profesor ou profesora será responsable de:
a. Exporlle ao/á estudante cuxa tutoría exerza as características do traballo e orientalo/a no seu desenvolvemento.
b. Realizar un seguimento da elaboración do TFM e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
c. Autorizar a presentación e defensa do TFM, así como emitir o informe oportuno.

2. O TFM poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, cando menos una delas deberá ser un membro do profesorado que imparte docencia no título de Máster en que estiver matriculado o/a estudante. Por outra banda, se no marco dun convenio de prácticas o/a estudante ten que desenvolver parte do TFM ou a súa totalidade noutro organismo distinto da UDC, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFM.

3. O tema de que for obxecto o TFM deberá posibilitar que o/a estudante realíceo en 150 horas, equivalentes a 6 créditos ETCS, asignados a esta materia no plan de estudos.