Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Profesorado
Amado Paz, José Manuel
Lopez Diaz, Ana Jesus
Ramil Rego, Alberto
Correo electrónico
jose.amado.paz@udc.es
ana.xesus.lopez@udc.es
alberto.ramil@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia abordarase a aplicación da robótica industrial nos procesos de fabricación, para elo é necesario facer una descripción das propias tecnoloxías e abordar o papel dos sensores que proporcionan a información sobre o medio, como base para o control, toma de decisións e interacción con outros axentes.
Así, farase unha introducción das tecnoxías emerxentes de fabricación e a continuación unha revisión das características máis importantes dos sensores que teñen unha ampla aplicación na robótica industrial (sensores ópticos e sensores de contacto) e levaranse a cabo exercicios prácticos utilizando distintos sensores e robots industriais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
-Traballos tutelados (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
-Seminarios (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de Laboratorio (pasarán a realizarse utilizando simuladores e as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Titorías por TEAMS semanalmente
- Correo electrónico: semanalmente
4. Modificacións na avaliación
- Traballo tutelado 80%.
- Prácticas de laboratorio e seminarios 20%
Na avaliación das prácticas de laboratorio e seminarios terase en conta a asistencia e participación activa nas actividades que se programen a través das ferramentas de teleformación da UDC.
*Observacións de avaliación:
- Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non se realizan cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías