Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Fernández Ibáñez, María Isabel
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
isabel.fibanez@udc.es
jose.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral
BIM (Building Information Modeling) é unha metodoloxía de traballo colaborativa para a xestión de proxectos a través dunha maqueta dixital. Esta conforma unha gran base de datos que permite xestionar os elementos que forman parte da edificación durante todo o ciclo de vida da mesma.
Aprenderás a crear un modelo BIM, explicaranse os sistemas domóticos actuais, xunto coa súa aplicación aos edificios intelixentes.
Valorarase a integración da metodoloxía BIM na xestión e mantemento de edificios intelixentes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Prácticas de laboratorio/Aula informática. Elaboraranse os enunciados das prácticas detallando paso a paso o desenvolvemento de cada exercicio con explicacións guiadas para favorecer o traballo autónomo do estudante. (Moodle)
- Traballos tutelados.
- Proba mixta.
• Metodoloxías docentes que se modifican:
- BIM: A sesión maxistral presencial substitúese por sesións puntuais virtuais a través de Teams.
- Edificios Intelixentes: Toda a docencia desenvolverase a través de TEAMS e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse a través de TEAMS, Moodle e correo electrónico segundo a necesidade dos estudantes.
TEAMS:
EDIFICIOS INTELIXENTES: 1 sesión semanal de docencia expositiva para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola.
BIM: realizaranse titorías grupais e individuais para favorecer a interacción co alumnado (resolución de dúbidas que requiran presencialidade síncrona) e para proporcionar retroalimentación (comentar erros e dificultades na realización dos traballos entregados).
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación da materia
*Observacións de avaliación:
Os traballos tutelados presentaranse utilizando TEAMS.
A proba mixta realizarase a través de Moodle
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías