Introdúcense os conceptos básicos do conxunto Rn para posteriormente definir as funcións sobre dito conxunto, e estudar os conceptos de límite, continuidade e diferenciación. Se estuda a integración para funcións dunha variable e posteriormente en funcións de varias variables
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican: A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de estudantes matriculados na materia non permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: diario, a petición do alumnado.
Moodle: todo o material docente da materia está dixitalizado en moodle.
Teams: seguimento colectivo no horario de clases e individual a petición do estudantado.
4. Modificacións na avaliación: non.
*Observacións de avaliación: A avaliación é válida para docencia presencial ou a distancia. A única diferenza é que as probas serán on-line en lugar de presenciais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías