A materia de Circuítos Eléctricos de Potencia, áchase encadrada no terceiro curso dentro do título de Grao en Enxeñaría Eléctrica, como unha materia obrigatoria de Tecnoloxía Específica de Electricidade, o alumno posúe xa os coñecementos eléctricos básicos, despois de cursar a materia de Fundamentos de Electricidade, e introdúceselle á análise de circuítos eléctricos en réxime transitorio, así como a análise en frecuencia destes, abórdase o estudo das compoñentes simétricas e a súa aplicación para a análise dos circuítos trifásicos asimétricos e lineais, e a determinación de curtocircuítos asimétricos. Tamén se estudan os circuítos non lineais mediante á análise de Fourier.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, excepto as que se comentan no apartado seguinte.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A realización das prácticas de laboratorio faranse preferentemente de xeito presencial, modificando, se ser preciso, a planificación das mesmas para adaptala ós períodos de presencialidade. No caso de non ser posible completalas deste xeito, substituiranse por outras actividades ou, de non ser posible, cancelaranse.
A proba obxectiva, de ter que ser non presencial, será adaptada ao formato en liña.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderase ó alumnado a través das vías institucionais, moodle, teams, correo electrónico e atención telefónica. Manteranse os horarios establecidos para as titorías e atenderase, por calquera das canles mencionadas, previa petición individual ou grupal do estudantado fora dese horario.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías