Na materia de Oficina Técnica, trátase de ensinar ao estudante como, cos coñecementos de Debuxo Técnico adquiridos nas materias de Expresión Gráfica e os coñecementos da tecnoloxía da súa especialidade adquiridos nas materias específicas, pode desenvolver as funcións propias dunha Oficina Técnica e elaborar un Proxecto de Enxeñaría. É unha materia onde se contemplan os métodos, técnicas, regulamentacións, etc., utilizados na Oficina Técnica da empresa industrial e na Oficina Técnica de proxectos para levar a cabo as súas múltiples tarefas, entre as que recibe especial atención a elaboración do Proxecto de Enxeñaría.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Proba obxetiva
*Metodoloxías docentes que se modifican:
A sesión maxistral presencial substitúese por sesións virtuais a través de Teams.
Traballos tutelados. Elaboraranse os enunciados das prácticas detallando paso a paso o desenvolvemento de cada exercicio con explicacións guiadas para favorecer o traballo autónomo do estudante. (Moodle)
A asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos farase de forma non presencial.
A presentación oral realizarase a través de Teams.
A proba obxectiva realizarase a través de Moodle/Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse a través de TEAMS, Moodle e correo electrónico segundo a necesidade dos estudantes.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación da materia
*Observacións de avaliación:
Os traballos tutelados presentaranse utilizando TEAMS.
A proba mixta realizarase a través de Moodle/Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías