Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Segundo
Optativa
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Civil Enxeñaría Industrial Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
isabel.fibanez@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia o estudantado adquirirá os coñecementos que lle permitan comprender e logo explicar a interrelación entre o mobiliario e o espazo no que se atopa, xa que constitúe unha parte clave na definición do seu carácter. O estudante analizará as claves que permitan coñecer como cada unha das distintas actividades humanas esixe un mobiliario específico segundo este. Tamén verificará como as demandas que as condicións ambientais que posúe cada tipo de espazo son determinantes no correspondente proxecto de mobiliario.
Introducirase ao estudantado no aprendizaxe de BIM
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non está previsto modificar metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados: 100%. Prácticas de elaboración personal de comentario e análise escrito e gráfico da interacción dun espazo cun uso concreto co seu mobiliario específico, con gallo de potenciar a crítica rigurosa como medio de reflexión e coñecemento. Prácticas baseadas na utilización da metodoloxía BIM (Building Information Modeling)
*Observacións de avaliación:
Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías