Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía
Coordinación
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral
Actualmente a bioloxía celular como disciplina medróu e maduróu significativamente de xeito que os seus límites conceptuais son moitas veces difusos e difíciles de definir. Así, Citoloxia, Bioquímica, Bioloxía Molecular, Xenética e Fisioloxía celular superpóñense en moitos aspectos. En realidade, calquer avance substancial destas áreas implica a utilización de metodoloxías tipificado nunha ou máis dunha área.
Este curso céntrase na estrutura e función dos compoñentes celulares cunha visión holística das interaccións entre eses compoñentes para asegurar o bo funcionamento da célula. Sabemos que non é posible cubrir nun único curso todos os contínuos avances en profundidade, polo que trataranse ao longo do curso de aqueles aspectos de relevancia particular para dar unha idea da complexidade subxacente dos procesos celulares.
Como éste é un curso avanzado, presúmese que os alumnos teñan coñecementos básicos de Bioloxia celular, xenética, fisioloxía, bioquímica e bioloxía molecular.
Plan de continxencia
No caso de que as circunstancias limitaran ou impedisen a presencialidade nas dependencias da Facultade para as actividades presenciales do alumnado da modalidade semipresencial teranse en conta o seguintes aspectos:
1. Modificacións nos contidos: Non están previstas modificacións dos contidos
2. Metodoloxías: Manteranse as metodoloxías descritas nesta guia. De se precisaren, adecuaranse as sesións prácticas no laboratorio as circunstancias concretas e, de ser necesario substituiranse por actividades non presenciáis (visionado de videos, casos prácticos, análise e interpretación de datos,...)
3. Manteránse os mecanismos de atención personalizada ao alumnado
limitada aos medios telemáticos
4. Manteranse os criterios de avaliación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non están previstas modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías