Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A3 B7 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. 70
Proba obxectiva B11 B12 B13
Consistirá en preguntas tipo test de resposta múltiple, sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais.
30
 
Observacións avaliación

1. Condicións de avaliación: Vía Teams/Moodle

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 

 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.