A materia encádrase dentro do módulo 2: Xestión, Control e Auditoría de Bioempresas e xunto ás outras dúas materias que constitúen o módulo permite ao alumno coñecer e dispoñer das ferramentas necesarias para traballar dentro ou na implantación dun sistema de xestión de calidade. Dota ao alumno dos recursos necesarios para desenvolver as capacidades que lle permitan planificar e desenvolver as estratexias requiridas para a correcta xestión do sistema de xestión de calidade en empresas biotecnológicas; ensínalle a utilizar as ferramentas básicas necesarias para a implementación dun sistema de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo ás normativas vixentes e introdúcelle nos aspectos legais que regulan profesión de Biotecnólogo.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2.Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Estudo de casos (computa na avaliación).
- Simulación (computa na avaliación).
Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta: Cuestionario realizado a través do Moodle.
3.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: Diariamente; para o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia.
- Teams: Diariamente; sesión en grupo grande para o avance dos contidos teóricos e estudo de casos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4.Modificacións na avaliación
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- a proba mixta realizarase a través do Moodle.
- empregarase Teams en sesións de grupos pequenos (ata 6 persoas) para a realización da “simulación de auditoría”, nas datas e horarios previstos no calendario do curso.
Observacións de avaliación:
Para o cálculo final da nota dos alumnos que para superar a materia deban recorrer a examinarse na segunda oportunidade, manterase a nota obtida na parte práctica (simulación) e no estudo de casos.
A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades enmarcadas na avaliación global da materia.
5.Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías