A presenza nas clases prácticas é condición indispensable para ser avaliado. Para superar a materia é necesario obterunha puntuación de 5 a 10 na parte teórica, así como parte práctica. Primeira oportunidade (xaneiro): O cálculo danota da parte teórica (xaneiro) está constituído pola suma dos controis durante o curso que computarán un 30%, máis o exame final de computación de 70%, e será requisito indispensable para obter unha puntuación mínimade 5 sobre 10 no cómputo xeral de teoría para que poida facer a media coa parte práctica. A calificación da parte prácticaserá obtida directamente desde o exame final práctico, e será requisito indispensable obter unha puntuaciónmínima de 5 sobre 10 para que poida facer media coa calificación xeral da parte teórica. As matrículas de honra, de ser o caso, terán preferencia concedelas na primeira das oportunidades concedidas (finais do primeiro semestre.)Será calificado como non presentado ao alumno que non realice ningunha das actividades propostas para o curso, comoprobas durante o semestre, así como probas avaliables da primeira oportunidade. O cálculo final dunhacalificación global constituirá a suma da calificación xeral teórica (80%), máis a calificación da parte práctica (20%) e debeser obtida unha puntuación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes (teoría e práctica ).Segunda oportunidade (Xullo): Os alumnos serán avaliados únicamente na nota teórico ou prácticoobtido nesta segunda oportunidade, constituíndo o 80% a parte teórica e 20% a parte práctica. A materia suspendida(o ano lectivo anterior) implica a execución e superar todas e cada unha das actividades listadas nesta guía tanto o teórica.
Os estudantes que soliciten ser avaliados na convocatoria extraordinaria de
decembro, tanto os contidos teóricos como os criterios de avaliación
corresponderanse aos do curso 2020-2021.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.