DESCRICIÓN: Preparación e caracterización de compostos inorgánicos: compostos de coordinación e sólidos non moleculares.
CONTEXTUALIZACIÓN: A materia encádrase no sexto semestre do Grao en Química (3º curso), e está intimamente relacionada coa materia do quinto semestre "Química Inorgánica 3". O conxunto das dúas materias constitúen o módulo "Química Inorgánica Avanzada", que pretende proporcionar unha axeitada formación ao alumnado nos ámbitos da Química de Coordinación e a Química do Estado Sólido.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos mantéñense na súa totalidade.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
a) Mantéñense as sesións maxistrais.
b) Mantéñense os seminarios, coa participación activa dos alumnos.
c) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo).
d) Mantense a proba mixta, so no caso de que se poida realizar nas dependencias da UDC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
a) No caso de que non se poida realizar presencialmente nas dependencias da UDC, a proba mixta eliminarase na primeira oportunidade. En calquera caso, esta proba mantense na segunda oportunidade (proba oral).
b) Mantéñense as prácticas de laboratorio, que pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”. Nesta modalidade mantéñense os traballos tutelados, e a realización dun caderno de laboratorio pero elimínanse: a presentación oral e a entrega do informe final (resumo).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías e consultas por Teams e polo correo electrónico corporativo.
Moodle da materia.
4. Modificacións na avaliación
No caso de que a proba mixta se suprimise na primeira oportunidade (por non poderse facer presencialmente nas dependencias da UDC), a cualificación quedaría como segue: Participación en clase (15%) + Prácticas de Laboratorio (en avaliación continua) (85%).
Na segunda oportunidade mantense a proba mixta que pasa a ser unha proba oral. A cualificación obterase como: proba mixta (25%) + Exame de Prácticas de laboratorio (75%)
*Observacións de avaliación:
O exame de prácticas de laboratorio da segunda oportunidade so o poderá realizar aquel alumnado que cursara como mínimo o 75% das horas de prácticas de laboratorio durante a avaliación continua e as suspendera.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
Nas sesións presenciais, no caso de producirse unha limitación de aforo atendendo ás posibles actualizacións da normativa, a adaptación consistirá na atribución de dúas aulas á materia e á impartición das sesións a través de TEAMS para aquel alumnado que non estea na aula co profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías