Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística | Código | 610G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A21 B2 B3 B6 | Cuestionario para avaliar o progreso nos bloques de PROB e ED-INF | 10 |
Proba obxectiva | A26 A30 B2 B3 B10 | Proba final para avaliar a parte de PROB e mais de ED-INF | 70 |
Traballos tutelados | A26 | Traballo práctico en grupo de análise de datos con software estatístico | 20 |
Observacións avaliación | |||
A materia divídese en dous bloques, 1-Probabilidade (PROB) e 2-Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística (ED-INF). Cada un destes bloques avaliarase de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. O bloque de PROB representa o 45% da nota final (40% proba final, 5% cuestionarios online de avaliación), e o outro bloque da materia ED-INF representa o 55% da nota final (traballo tutelado da parte de ED 10%, traballo tutelado da parte de INF 10%, proba final 30% e cuestionarios online de avaliación 5%). Para aprobar a asignatura é necesario ter aprobada por separado cada un dos bloques dos que consta a materia. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5. (a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba obxectiva no pode ser inferior a un 4 (sobre 10). (b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado da parte de ED, o traballo tutelado da parte de INF, da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a calificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10). Durante o curso realizarase una proba parcial eliminatoria do bloque de PROB, de modo que quen supere o bloque con esta proba parcial terá aprobado o bloque de cara á avaliación da asignatura en calquera das dúas oportunidades. Para obter a cualificación de NON PRESENTADO na primeira oportunidade, é preciso non se ter presentado a ningunha proba obxectiva nin ter entregado ningún traballo tutelado. Para obter a cualificaciónde NON PRESENTADO na segunda oportunidade en xullo, será preciso no se ter presentado a ningunha proba obxectiva nesa oportunidade. Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios, titorías, clases prácticas, etc. así coma os resultados dos cuestionarios online de autoavaliación (non avaliables) puidendo aumentar ata un punto o valor da cualificación final. Na segunda oportunidade de xullo, o criterio para superar a materia será o mesmo ca na primeira oportunidade de xuño Tódalas observación previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica. No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación |