Estudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Natureza, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos, introducindo o estudo do relevo, do clima, das augas, da biosfera e da paisaxe de modo integrado.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense a maior parte das metodoloxías docentes que terán que pasar a telemáticas:
Sesións maxistrais
Prácticas
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Saídas de campo: Suspéndense as prácticas de campo que teñen carácter voluntario
Proba obxectiva (non se realizarán cuestionarios eliminatorios, a avaliación destes coñecementos incorpórase á avaliación continua de prácticas e seminarios e á avaliación final)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente, para consultas, solicitar tutorías e facer seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Disporán de foros específicos asociados ás distintas actividades para a realización de consultas, así como Tarefas e outras actividades para o desenvolvemento dos contidos da materia.
Teams: Sesións síncronas (vídeoconferencias) semanalmente nas franxas horarias asignadas nos cronogramas de aulas da facultade (tanto para contidos teóricos como para seguimento e apoio de prácticas e traballos tutelados) e asíncronas (mensaxería) diariamente.
4. Modificacións na avaliación
Prácticas (30%): Avaliación continua, realización das prácticas e entrega dos exercicios solicitados.
Seminarios (40%): Avaliación continua, elaboración de dous traballos e entrega a través de Moodle.
Contidos teóricos (30%): Avaliación a través de Teams e Moodle.
Outras actividades (1,5 puntos a maiores): Participación activa nas distintas actividades programadas (Foros, Rúbricas, etc.).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se produciron.
Outras observacións:
-Esta materia impártese no Primeiro e no Segundo Cuadrimestre, polo que podería darse o caso de que no Segundo Cuadrimestre a Modalidade Docente fora diferente á do primeiro.
Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia.
A adaptación consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula coa persoa que imparte a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías