Entre as disciplinas nas que o biólogo pode exercer a súa profesión está a Fisioloxía Vexetal, a ciencia que estuda como funcionan as plantas. Esta asignatura pretende proporcionar coñecementos e habilidades relativos a esta ciencia, así como unha actitude positiva ante ela.
Plan de continxencia
(i) adaptación a realizar no caso de non presencialidade sobrevida causada por gromos da enfermidade
1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son básicos para a formación dun Graduado en Bioloxía
2. Metodoloxías
As clases maxistrais, prácticas e grupos reducidos desenvolveríanse totalmente on-line.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.
4. Modificacións na avaliación
Avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
libros electrónicos de acceso libre e materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(ii) adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia:
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías