Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Informática | Código | 610G04010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Titorías As titorias considéranse unha parte importate dentro do desenvolvemento da asignatura. Están orientadas de tal maneira que os/as estudantes teñan e/ou poidan consultar distintas cuestións como: 1. Problemas no desenvolvemento das prácticas 2. Maneiras de enfocar/organizar as prácticas 3. Resolución de dubidas sobre as cuestións teóricas Pedirase ós/ás estudantes que soliciten cita ós/ás profesores/as responsables para realizar videochamadas por Teams ou reunións presenciais dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es. Outras recomendacións: . Ler: Lea o tema a tratar antes de asistir ás sesións teóricas. ¡É MOI IMPORTANTE! · Atender: Atenda en clase, non só estea de corpo presente. · Comprender: Comprenda o que se lle di nas sesións de teoría e, se non, pregunte. · Preguntar: Pregunte todo o que non comprenda, non quede con dúbidas. · Estudar: Estude logo das sesións, para reter o comprendido. · Practicar: Esta asignatura é principalmente práctica; só practicando se poden adquirir debidamente os coñecementos. Faga moitos exercicios, os que se lle pidan, suxiran, e outros pola súa conta, tanto en papel como no ordenador. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia limitaranse a formato virtual e soporte informático. |