Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura Clásica | Código | 613G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A13 B8 | O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura. | 10 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A11 B5 B7 C3 | Un 40% da calificación final resultará de dúas actividades de análise e comentario de textos propostas aos estudantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudantes. Estas dúas actividades serán as seguintes: - exercicio de comentario morfosintáctico e tradución: 20% - exercicio de comentario literario: 20% |
40 |
Proba obxectiva | A23 B1 B6 | Efectuaranse dúas probas escritas individuais de carácter teórico-práctico, unha ao final do primeiro bimestre (sobre cuestións de lingua) e outra na data de maio estipulada no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía (sobre cuestións de literatura). Cada unha suporá o 25% da cualificación global. Na oportunidade de xullo haberá unha única proba sobre cuestións de lingua, de literatura e control de lecturas, que suporá o 60% da cualificación global. Porén, os estudantes que superasen na oportunidade de maio algunha das probas terán que examinarse so daquelas que teñan suspensas. | 50 |
Observacións avaliación | |||
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes. De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado. A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura. |