Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Lecturas de Literatura Española. Poesía | Código | 613G01046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Cada estudante debe realizar un traballo tutelado sobre algún aspecto relacionado coa materia, baseándose no estudo e interpretación de textos. Valoraráse a capacidade de reflexión, a orixinalidade, o pensamento crítico autónomo e o dominio do idioma. |
Sesión maxistral | Nestas sesións a profesora abordará as cuestións referentes tanto á técnica do comentario de textos poéticos, como a temas relativos ás etapas históricas, tradicións literarias... Procuraráse que o alumno participe. |
Proba mixta | Respondendo por escrito a distintas preguntas (de resposta corta e algunha de desenvolvemento) baixo control da profesora, os estudantes deben demostrar que o traballo tutelado é froito do seu esforzo. Prestaráse especial atención á expresión |
Actividades iniciais | Análise do coñecemento previo que os estudantes teñen das formas métricas, tradicións literarias, autores e creacións que se traballarán durante o curso, así como do seu dominio das técnica da análise de textos. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa. |
Obradoiro | Mediante a combinación de diversas metodoloxías (discusión dirixida, resumos, reflexións críticas, etc.), o alumnado levará a cabo distintas actividades ligadas á materia obxecto de estudo. |