Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega e Comunicación Oral | Código | 613G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nas sesións presenciais previamente determinadas nun cronograma incorporado ao campus virtual da materia realizaranse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva. Estas actividades estarán baseadas na procura de modelos de calidade e a aprendizaxe colaborativa. Cada estudante terá un espazo para rexistrar as súas prácticas orais que funcionará a modo de portafolio. O obradoiro poderá incluír a participación de persoas convidadas que acheguen modelos articulatorios exemplarizantes ou a audición de rexistros sonoros que funcionen como referentes a imitar. A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será unha condición indispensábel para poder ser avaliada/o. |
Lecturas | Ao inicio do cuadrimestre estará dispoñíbel no campus virtual da materia a relación de lecturas previas obrigatorias e a súa secuencia. Estas serán realizadas fóra das sesións e servirán de posta en común e punto de partida para as reflexións das sesións maxistrais e as prácticas do obradoiro, onde se realizará o seguemento das lecturas de cada estudante. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos. O primeiro, escrito, consistirá na análise do modelo oral dun fragmento tirado dos medios de comunicación ou das redes sociais e previamente combinado co docente e na achega de melloras desa oralidade. O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos da dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro. |
Presentación oral | Cada estudante realizará unha presentación oral presencial do primeiro dos traballos tutelados ao conxunto do grupo. |