Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se prevé alterar os contidos inicialmente previstos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Recensión bibliográfica
-Traballo tutelado
*Metodoloxías docentes que se modifican
A presentación oral desaparece.
A sesións maxistrais serán impartidas por Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Todos os días, segundo a dispoñibilidade e necesidades do alumnado. Utilizarase para formular pequenas consultas, programar titorías ou resolver dúbidas sobre as actividades marcadas polo profesorado.
-Moodle. Todos os días, segundo a dispoñibilidade do alumnado, para desenvolver os contidos teóricos da materia.
-Teams. Todos os días, segundo a dispoñibilidade do alumnado. Empregarase:
(i) Para as sesións maxistrais (1 semanal para todo o grupo) na faixa horaria da materia.
(ii) Para as cuestións derivadas do desenvolvemento de contidos prácticos (1 semanal para todo o grupo), igualmente na faixa horaria da materia.
(iii) Para o acompañamento personalizado dos traballos tutelados e de diversas actividades (1 ou máis no horario que mellor conviñer ao alumnado).
4. Modificacións na avaliación
Deixa de ser pertinente a puntuación referidas a la presentación oral, que se incorpora á cualificación do traballo tutelado.
-Traballo tutelado (35%). A descrición é a mesma que a que figura na guía docente
-Proba mixta (50%). A descrición é idéntica á que figura na guía docente. As lecturas obrigatorias para cada tema serán avaliadas tamén nesta proba (10%).
-Recensión (15%). A descrición corresponde á que vén na guía docente
*Observacións de avaliación:
Mantéñense, no xeral, as mesmas directrices que as que figuran na Guía docente. Con todo, a data de entrega do traballo tutelado e da recensión poderá ser ampliada até coincidir coa data oficial do exame, aprobada no seu día pola Xunta da Facultade de Filoloxía. Para superar a materia, é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5.
Para a realización da proba mixta, esta será enviada ao alumnado a través do correo electrónico no día e hora marcados. O estudantado disporá até ás 14h00 do día seguinte para su remisión ao profesor.
A segunda oportunidade de xullo estará determinada polos mesmos condicionalismos que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a relación fundamental de referencias bibliográficas marcadas na guía docente. No entanto, tamén é preciso ponderarmos algunhas alteracións no tocante a outros aspectos da bibliografía:
(i) As lecturas poderán ser mudadas por outras accesíbeis na rede ou dispoñibilizadas expresamente para o alumnado.
(ii) As recomendacións bibliográficas para os traballos tutelados poderán tamén ser mudadas por outras publicacións dispoñibeis na rede ou en Moodle se o estudantado for incapaz de acceder ás iniciais.
(iii) Se houber alumnas ou alumnos con dificultades para se conectaren, estudarase cada caso en particular de maneira a lles proporcionar, a través doutros medios, os materiais necesarios.
|